venres, 27 de febreiro de 2026

O noso cole, un lugar para medrar!

   O alumnado de 6º de Primaria vén de publicar un podcast moi especial no que se converten en xornalistas para dar a coñecer o noso centro desde dentro.

   Neste programa entrevistan ao alcalde de Poio, á directora do centro, a unha familia e a varios alumnos e alumnas, que comparten a súa experiencia e explican por que o noso cole é un espazo onde aprender, convivir e medrar xuntos.

   Trátase dun traballo realizado con moita ilusión, responsabilidade e compromiso, no que o alumnado desenvolveu competencias comunicativas, dixitais e sociais, demostrando unha vez máis todo o seu talento.

Lembramos que do 1 ao 20 de marzo se abre o prazo de solicitude de praza no centro.

Animámosvos a escoitalo e a compartir!
Porque o noso cole… é un lugar para medrar.

Pincha aquí para escoitalo: Podcast

                 
      

Ningún comentario:

Publicar un comentario

A sorodidade en Begoña Caamaño No marco do traballo desenvolvido no Polo Creativo e en colaboración coa biblioteca escolar, tres alumnas de...