venres, 13 de febreiro de 2026

13 de febreiro Día Mundial da Radio


Día Mundial da Radio e grandes novas para o noso cole!

  No marco do Día Mundial da Radio, desde o espazo de Polos Creativos quixemos celebralo facendo o que máis nos gusta: crear, comunicar e aprender.

  Parte do alumnado de 3º e 4º de Educación Primaria participou na elaboración dun novo podcast da nosa Radio Escolar Voz da Serpe, no que incluímos a canción do noso Entroido “Capitáns Planeta”, unha composición chea de enerxía e mensaxe ambiental que reflicte o compromiso do centro co coidado do planeta.

  Este traballo permitiunos seguir medrando na experiencia radiofónica, explorando a expresión oral, a gravación sonora e o traballo en equipo, sempre desde unha mirada creativa e comprometida co medio ambiente.

    E as boas novas non rematan aquí, o noso centro foi recoñecido como Colexio de Excelencia Medioambiental polos proxectos desenvolvidos dentro do programa "Espeverde", un orgullo que pon en valor o compromiso da nosa comunidade educativa coa sustentabilidade, a reciclaxe, a horta escolar, o composteiro e o respecto polo medio natural.

   Radio, música e conciencia ambiental van da man no noso cole.

  Seguimos aprendendo, creando e coidando o planeta.



 




Ningún comentario:

Publicar un comentario

  Outra semana de aprendizaxe na Aula Zafarrancho!      Na nosa aula de Polos Creativos , cada semana está chea de retos, experimentos e nov...