venres, 27 de marzo de 2026

A sorodidade en Begoña Caamaño


    No marco do traballo desenvolvido no Polo Creativo e en colaboración coa biblioteca escolar, tres alumnas de 4º de Educación Primaria elaboraron o podcast “A sororidade en Begoña Caamaño”, unha proposta que combina investigación, lectura e creación sonora.

    Neste programa, as alumnas achégannos á figura de Begoña Caamaño, destacando a súa visión sobre a sororidade e facendo referencia á súa obra Circe ou o pracer do azul.

    O pódcast é o resultado dun proceso no que o alumnado desenvolveu competencias comunicativas e dixitais, traballando a expresión oral, a selección de información e a creación de contidos propios.

    Con este traballo, o centro participa no VIII Concurso de Pódcasts – Radio na Biblio para o curso 2025/26, apostando por proxectos que fomentan a creatividade, o pensamento crítico e o uso responsable das tecnoloxías.

Parabéns ás nosas alumnas polo excelente traballo realizado! 

Pincha na palabra "pódcast" para escoitalo!

PÓDCAST





  Outra semana de aprendizaxe na Aula Zafarrancho!      Na nosa aula de Polos Creativos , cada semana está chea de retos, experimentos e nov...